lunes, 23 de mayo de 2011

Estrea de Illa Pedra con audiodescripción en Santiago de Compostela

O 23 de Maio estreouse na facultade de ciencias da comunicación de Santiago de Compostela, a curta Illa Pedra con audiodescrición da Cecilia Rodriguez e voz de Antonio Mourelos.
Illa Pedra é pioneira en Galcia, no ámbito da audiodescripción xa que é o primeiro producto audiovisual galego que se fai con audiodescripción para cegos.
Queremos agradecer á facultade de ccias da comunicación, a o seu persoal técnico e a ONCE por ternos apoiado neste proxecto.

A audiodescripción é a opción que permite aos invidentes salvar a barreira da imaxe, ao xeito dos subtítulos para as persoas xordas. Aínda que o sistema está máis estendido nos teatro, a oferta de cine adaptado para cegos limítase a que ofrece a ONCE aos seus usuarios. A selección de películas, nembargantes, non inclúe ningunha cinta en galego. A voz en off debe estar no mesmo idioma que o audio orixinal da película.
Cecilia Rodríguez está a completar a súa tese sobre este sistema ca posta en práctica do mesmo. A curta Illa Pedra, que trata da amizade e os nexos de unión pese á distancia, cumpre cos requisitos necesarios para audiodescripción, xa que os comentarios se insiren nos silencios que deixa a trama.

lunes, 16 de mayo de 2011

Illa Pedra en CANS 2011

Illa Pedra está no festival de Cans!
Día 21 de Maio, acercádevos e disfrutade desta gran agromovida!!!

http://www.festivaldecans.com/festival2/index.php?option=com_content&view=category&layout=blog&id=42&Itemid=66&lang=gl


Stone Island is in the official selection of Cans! Come on the 21st and enjoy this Galician agromovida (rural-cultural-party event)!!!
http://www.festivaldecans.com/festival2/index.php?option=com_content&view=category&layout=blog&id=42&Itemid=66&lang=gl

viernes, 6 de mayo de 2011

Illa pedra na sección panorama Galica do curtocircuito 2011

Illa Pedra está seleccionada na sección paralela do festival Curtocircuito Panorama Galicia. Proxectarase o xoves 12 de maio no Teatro Principal en Santiago de Compostela ás 18.30. A sección presenta a selección de curtas galegas.

http://www.curtocircuito.org/programacion.php?id_axenda=166&lg=gal

Achegádevos se estades por alí!



Stone Island is included in the paralel section of Curtocircuito film festival Galician retrospective. It will be screened on the 12th of May at 18.30 at the Main Theatre in Santiago de Compostela. This section presents only Galician films.

You are all welcome to come!

http://www.curtocircuito.org/programacion.php?id_axenda=166&lg=gal