O 23 de Maio estreouse na facultade de ciencias da comunicación de Santiago de Compostela, a curta Illa Pedra con audiodescrición da Cecilia Rodriguez e voz de Antonio Mourelos.
Illa Pedra é pioneira en Galcia, no ámbito da audiodescripción xa que é o primeiro producto audiovisual galego que se fai con audiodescripción para cegos.
Queremos agradecer á facultade de ccias da comunicación, a o seu persoal técnico e a ONCE por ternos apoiado neste proxecto.
A audiodescripción é a opción que permite aos invidentes salvar a barreira da imaxe, ao xeito dos subtítulos para as persoas xordas. Aínda que o sistema está máis estendido nos teatro, a oferta de cine adaptado para cegos limítase a que ofrece a ONCE aos seus usuarios. A selección de películas, nembargantes, non inclúe ningunha cinta en galego. A voz en off debe estar no mesmo idioma que o audio orixinal da película.
Cecilia Rodríguez está a completar a súa tese sobre este sistema ca posta en práctica do mesmo. A curta Illa Pedra, que trata da amizade e os nexos de unión pese á distancia, cumpre cos requisitos necesarios para audiodescripción, xa que os comentarios se insiren nos silencios que deixa a trama.